O plano orbital dun obxecto orbitando ao redor doutro é o plano xeométrico no cal está contida a órbita. Bastan tres puntos no espazo para definir o plano orbital: o centro do obxecto máis pesado, o centro do segundo obxecto (obxecto que orbita) e o centro deste último obxecto transcorrido un tempo.
Por definición, a inclinación dun planeta no sistema solar é o ángulo entre o seu plano orbital e o plano orbital da Terra, que define a eclíptica. Noutros casos, por exemplo unha lúa ou un satélite en órbita ao redor doutro planeta, é conveniente definir a inclinación da órbita do satélite como o ángulo entre o seu plano orbital e o ecuador do planeta.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search